A portada
As nosas redes
Próximos eventos
Xuño 2024
Xuñ 24
Outubro 2024
Out 07
As nosas fotos
Contomar
14/09/2024No mes de outubro, Espazo Lectura inicia o seu habitual calendario de actividades defomento do libro e a lectura. Os diferentes equipos coordinadores xa están poñendo enmarcha as programacións que, a partir do luns 7 de outubro, botarán a andar connormalidade. O luns 7 de outubro, volven as sesións do Contomar.Todos os luns lectivos ás 18:00h terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar oContomar. O mércores 9 de outubro, volven os mércores da Casa da LecturaTodos os mércores lectivos ás 18:00h terán lugar na Casa da Lectura (Donas) as sesiónsde dinamización lectora dirixidas a nenas e nenos de 3 a 10 anos e as súas familias. O xoves 10 de outubro, primeira xuntanza do Sete Vidas.O 10 de outubro, o club de lectura Sete Vidas reunirase na Biblioteca Municipal deGondomar a partir das 20:00 horas para comentar as novela «Tras do ceo» e «Unmillón de vacas» (Ed. Xerais) de Manuel Rivas. Contaremos coa presenza do autor. O martes 15 de outubro, Club Lecturas DebuxadasA primeira xuntanza do Lecturas Debuxadas será o 15 de outubro ás 20:00 horas, naBiblioteca Municipal de Gondomar, para falar de «Loira.», de ÉtienneDavodeau (Ediciones La Cúpula). O sábado 19 de outubro, Lendo ContigoO club de lectura compartida para nenos e nenas de Primaria, acompañados polas súasfamilias, reunirase o sábado 19 na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 12:00do mediodía. O libro que se vai comentar é «Axencia Galega de Asuntos Máxicos»,de Miguel Alonso Diz (Ed. Xerais). O autor estará con nós durante a sesión. Servizo de empréstitoTodos os mércores de outubro a maio (excepto periodos de vacacións escolares) estarádispoñible o servizo de empréstito de 17:30h a 18:00h. A actividade para bebés Contos en Cueiros, o Comando Le (club de activismo culturalpara adolescentes), así como o club de lecturas feministas Daquelas que Len, taménretomarán as súas programacións, das que daremos conta nos vindeiros días. Animádevos a participar!!! [...]
28/05/2024O próximo mércores 29 de maio, ás 18 horas, “Xogaremos cos contos” nunha sesión especial na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) para celebrar o peche das actividades infantís desta tempada. Será unha tarde chea de xogos divertidos ao redor dos contos máis recoñecidos do Contomar, para nenos e nenas de 3 a 11 anos acompañados das súas familias. [...]
25/05/2024O próximo luns 27 de maio, ás 18:00 horas, última sesión da tempada do Contomar. Nesta ocasión trasladaremos a sesión á praza das Escolas Vellas de Gondomar (fronte a Biblioteca Municipal) para poder gozar dunha tarde de contos e xogos de pistas. En caso de chuvia a sesión realizarase na Biblioteca Municipal de Gondomar. Na sesión anterior contamos: – A vella na botella (OQO). – O coelliño Branco (Kalandraka). – Osa (Kalandraka). – O Osiño Chispas (Kalandraka). – Once damas atrevidas (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
12/05/2024O próximo luns 13 de maio, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: Quen espertou o kraken? (Antela) A que sabe a lúa? (Kalandraka) Verlioka (OQO) Que roubo máis boubo (OQO) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
06/05/2024Este luns 6 de maio, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: Sete dentes de león (Xerais) Tarde de sapo (Kalandraka) Rumores no bosque (OQO) Polina a pulguiña (OQO) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
29/04/2024O próximo luns 29 de abril, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior, pola Semana do Libro e a Lectura, visitounos Brais das Hortas co seu Consertasso na horta. [...]
19/04/2024O próximo luns 22 de abril, ás 18:00 horas, o Contomar trasládase á Praza Rosalía de Castro de Gondomar para celebrar esta sesión especial por mor da celebración da Semana do Libro e a Lectura. Esta actividade está organizada por Espazo Lectura coa financiación do Concello de Gondomar. A praza de Rosalía encherase de grelos, kiwis, cenorias, cabras, lagartos e moitos temassos divertidos e saudables, adobados con guitarrazos e moitos instrumentos máis da man de Brais das Hortas co seu Consertasso na horta. En caso de chuvia a actuación levarase a cabo na Biblioteca Municipal de Gondomar. Agardámosvos! [...]
14/04/2024O próximo luns 15 de abril, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – O gato que non quería ter pelo (Editorial Picarona). – Unha vaca na miña cama (Nubeocho). – Bailar nas nubes (Kalandraka). – Antes de durmir (Cumio). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
06/04/2024O próximo luns 8 de abril, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior, adicada á poesía, contamos: – Frederick (Kalandraka). – Crocodilo (Kalandraka). – A princesa do Caurel (OQO). – O meu gato é un poeta (Xerais). – Unha nova dimensión (Xerais). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
14/03/2024O próximo luns 18 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior recibimos a visita das mestras do CEP NeiraVilas, centro educativo socio-protector de Espazo Lectura e ao que queremos agradecer a súa participación e colaboración. Auri, María, Bego e Rober contáronnos: – Sal e Azucre (OQO). – Avós (Kalandraka). – Maruxa (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
10/03/2024O próximo luns 11 de marzo, ás 18:00 horas, o Contomar recibe a visita dun grupo de mestras do CEP Neira Vilas, centro educativo socio-protector de Espazo Lectura. Na sesión anterior contamos: – Un feitizo de familia (Serendia editorial). – Sete monstros e un gato (Kalandraka). – Soñar con dinosauros (Kalandraka). – A min non me comas! (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
29/02/2024O próximo luns 4 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – A caca Cuca (Galaxia). – A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (Kalandraka). – O peido máis grande do mundo (Nubeocho). – O moco máis rico do mundo (Jaguar). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
25/02/2024O próximo luns 26 de febreiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – O momento perfecto (Fragatina Edicións). – Pero que terá Tomasa? (Miau). – A bruxa divertida (Kalandraka). – Tío lobo (Kalandraka) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
17/02/2024O próximo luns 19 de febreiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Leopoldo o pequeno monstro (Hércules Edicións). – Rufus, o morcego que adoraba as cores (Kalandraka). – O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico (OQO). – Ás veces mamá ten tronos na cabeza (Algar). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
03/02/2024O próximo luns 5 de febreiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Loboferoz (OQO). – Cocorico (OQO). – Os chibos chibóns (Kalandraka) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
28/01/2024O próximo luns 29 de xaneiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Elvira (Antela Editorial). – Amigos (Kalandraka). – Oso mais eu (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
20/01/2024O próximo luns 22 de xaneiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Violeta ás agachadas (Xerais). – A volta ao mundo (Kalandraka). – Corazón de oso (OQO). – Unha unicornia (Xerais). – Amelia quere un can (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
14/01/2024O próximo luns 15 de xaneiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior pechamos o ano cun contacontos a cargo de Charo Pita, na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
15/12/2023O Contomar pecha o ano este luns 18 de decembro cunha sesión especial de contacontos a cargo de Charo Pita. Será ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Na sesión anterior contamos: – A montaña máis alta do mundo (Algar). – Un, dous, tres, Nadal é (Kalandraka). – O nadal de Ernesto e Celestina (Kalandraka). – Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis (Kalandraka). – Un canguro polo nadal (Lata de sal). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
10/12/2023O próximo luns 11 de decembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Quen levou a lúa? (OQO). – Unha cor propia (Kalandraka). – Cinco minutiños máis (Blackie Books). – O elefante que perdeu o seu ollo (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
03/12/2023O próximo luns 4 de decembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos e cantamos: – A visita (Kalandraka). – Fab. O monstro amarelo (Kalandraka). – Os fantasmas non petan na porta (Algar). – Non fai falta a voz (OQO). – Imos cazar un oso (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
25/11/2023O próximo luns 27 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos e cantamos: – As manoplas de Carapuchiña (OQO). – Facer dedo (Kalandraka). – Onde perdeu a lúa o riso? (kalandraka) – Vai polo pan (Cumio). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
17/11/2023O próximo luns 20 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos e cantamos: – Tomás o bromista (Kalandraka). – As caras da miña choiva (Editorial Galaxia). – Ratos na escola (Kalandraka). – Pilú pilú (OQO). – A cousa que máis doe do mundo (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
11/11/2023O próximo luns 13 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos e cantamos: – A casa da mosca Chosca (Kalandraka). – Chocolata (OQO). – Corre corre, cabaciña (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
04/11/2023O próximo luns 6 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Crocodilo (Kalandraka). – Sopa verde (OQO). – Monstro azul (Apila Edicións). – O monstro de cores (Editorial Flamboyant) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
28/10/2023O próximo luns 30 de outubro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Paco papán (OQO). – Gústame o chocolate (Linteo). – Achís! (OQO). – A araña moi ocupada (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Casa da Lectura
A Casa da Lectura permanece pechada por reformas.
Informarémosvos da súa reapertura!
Clubs de Lectura
14/09/2024No mes de outubro, Espazo Lectura inicia o seu habitual calendario de actividades defomento do libro e a lectura. Os diferentes equipos coordinadores xa están poñendo enmarcha as programacións que, a partir do luns 7 de outubro, botarán a andar connormalidade. O luns 7 de outubro, volven as sesións do Contomar.Todos os luns lectivos ás 18:00h terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar oContomar. O mércores 9 de outubro, volven os mércores da Casa da LecturaTodos os mércores lectivos ás 18:00h terán lugar na Casa da Lectura (Donas) as sesiónsde dinamización lectora dirixidas a nenas e nenos de 3 a 10 anos e as súas familias. O xoves 10 de outubro, primeira xuntanza do Sete Vidas.O 10 de outubro, o club de lectura Sete Vidas reunirase na Biblioteca Municipal deGondomar a partir das 20:00 horas para comentar as novela «Tras do ceo» e «Unmillón de vacas» (Ed. Xerais) de Manuel Rivas. Contaremos coa presenza do autor. O martes 15 de outubro, Club Lecturas DebuxadasA primeira xuntanza do Lecturas Debuxadas será o 15 de outubro ás 20:00 horas, naBiblioteca Municipal de Gondomar, para falar de «Loira.», de ÉtienneDavodeau (Ediciones La Cúpula). O sábado 19 de outubro, Lendo ContigoO club de lectura compartida para nenos e nenas de Primaria, acompañados polas súasfamilias, reunirase o sábado 19 na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 12:00do mediodía. O libro que se vai comentar é «Axencia Galega de Asuntos Máxicos»,de Miguel Alonso Diz (Ed. Xerais). O autor estará con nós durante a sesión. Servizo de empréstitoTodos os mércores de outubro a maio (excepto periodos de vacacións escolares) estarádispoñible o servizo de empréstito de 17:30h a 18:00h. A actividade para bebés Contos en Cueiros, o Comando Le (club de activismo culturalpara adolescentes), así como o club de lecturas feministas Daquelas que Len, taménretomarán as súas programacións, das que daremos conta nos vindeiros días. Animádevos a participar!!! [...]
18/06/2024O vindeiro sábado, 22 de xuño, o clube Daquelas que Len fechamos a última sesión desta tempada coa obra Dor Menstrual, da Editorial Rinoceronte. A autora, Kopano Matlwa (Pretoria, 1985), escritora e licenciada en Medicina, está considerada como unha das voces emerxentes da literatura sudafricana. Kopano Matlwa Dor menstrual é unha novela dura, agónica e incómoda que se le como unha metáfora. A través do fío conductor da historia da protagonista, Masechaba: da súa angustia polas terribles dores menstruais que padece, das circunstancias familiares e de amizade, e das frustracións causadas polas experiencias que lle acontecen cando xa é doutora; achégasenos un reflexo da sociedade na que vivimos e da propia vulnerabilidade como humanidade. A obra aborda cuestións como a violencia de xénero, a saúde mental, a xenofobia e as condicións laborais precarias. A xuntanza terá lugar na Casa da Lectura en Donas, ás 12:00h, e queremos animarvos a participar e poñer en común tanto as rellexións arredor desta novela como as recomendacións para o verán e as próximas sesións. Vémonos! [...]
15/06/2024O vindeiro martes, día 18 de xuño, o cómic que trataremos será O voo da curuxa. Unha tarde con dona Emilia no pazo de Meirás de Inacio e Iván Suárez (Demo editorial). Eduardo Zamacois, intelectual e cineasta, percorre a España dos anos vinte do século pasado na procura das grandes plumas da literatura para filmar un innovador documental. No seu percorrido, fai parada no pazo de Meirás, para encontrarse cunha muller cun carácter único: Emilia Pardo Bazán. Esta obra é un achegamento fascinante aos derradeiros meses de vida de dona Emilia. No seu aspecto gráfico, lémbranos a estética dos gravados clásicos, e consegue cativarnos grazas a un guión maduro e con ritmo narrativo áxil que transita entre o real e o literario, incorporando relatos da propia Pardo Bazán. A sesión de maio transcorreu coa obra Llévame contigo de Anneli Furmark na que Elise e Dagmar, dúas mulleres casadas de mediana idade, inesperadamente, nunha festa namóranse. Trátase dunha emotiva novela gráfica e un magnífico retrato do desexo, o (des)amor e o descubrimento da orientación sexual na que tamén están presentes as consecuencias que se asumen ante esta situación. Suscitou un longo debate sobre as relacións afectivas e as diferentes sociedades. A sesión terá lugar nesta ocasión na Casa da Lectura en Donas ás 20:00h e contaremos coa presenza de Inacio. Por tratarse da última sesión da tempada, compartiremos, como vén sendo habitual, as nosas recomendacións lectoras para o verán. Non o perdas! [...]
12/06/2024Este venres 14 de xuño ás 18 horas poderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. Chegou o momento de despedir a tempada de Contos en Cueiros e farémolo con unha sesión de teatro de monicreques en familia, coa representación de “Os contos do Lobicán” de Eva Mejuto. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do xoves 13 de xuño a contosencueiros@gmail.com e facilitar: o nome do bebé o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2021 ou despois o nome da persoa adulta que o vai acompañar un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
04/06/2024O venres 7 de xuño o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a última sesión desta tempada. Nesta ocasión, o libro proposto é Burbullas de calma serena, de Andrea Maceiras, da editorial Cuarto de Inverno. Contaremos coa presenza da autora nunha sesión chea de emocións, aventuras e gatas domésticas. Será na Casa da Lectura ás 19:00h da tarde e aproveitaremos para despedir a tempada cunha cea compartida. Agardámosvos! Na sesión do mes de abril a obra proposta foi Contra o reloxo, de Carlos Labraña (Galaxia). Contamos coa presenza do autor, que nos contou moitas cousas sobre a escrita teatral e asistiu á divertidísima representación dun grupo de usuarios do club de lectura. Deixámosvos aquí as imaxes desta sesión: [...]
04/06/2024O próximo xoves 6 de xuño o Sete Vidas pecha a tempada con Kyra Kyralina, do autor romanés Panait Istrati, traducida por Celia Recarey (Irmás Cartoné). Kyra Kyralina é a primeira obra de Istrati. Nela, como unha Sherezade balcánica, o narrador vai debullando a historia de Stavro, un salepgiu romanés que vaga polo mundo á procura de Kyra, a súa irmá perdida. Reunirémonos ás 20:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas). [...]
24/05/2024Espazo Lectura organiza esta fin de semana a XIV Noite na Biblioteca, que se celebrará dende a noite do sábado 25 á mañá do domingo 26 de maio na Biblioteca Municipal de Gondomar. A Noite na Biblioteca deste ano vai estar dedicada ás viaxes. Nela van colaborar como monitores e monitoras os membros do Comando Le de Espazo Lectura. Os destinatarios serán 21 nenos e nenas que están cursando este ano Educación Primaria e que participaron ao longo do curso nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura (o Contomar e o Club de lectura compartida Lendo Contigo), así como os fillos e fillas de persoas asociadas a Espazo Lectura. Os nenos e nenas chegarán o sábado 25 ás 21.30h, logo de cear. Será unha noite chea de contos, xogos e actividades arredor do libro e a lectura. Ás 24.00h poderán gozar do espectáculo A corva. Compoñedora de Contos a cargo de A Cova das Letras. [...]
20/05/2024O vindeiro martes, día 21 de maio, o cómic que trataremos será Llévame contigo de Anneli Furmark (Blackiebooks). Elise e Dagmar son dúas mulleres casadas de mediana idade que, inesperadamente, nunha festa namóranse. Trátase dunha emotiva novela gráfica e un magnífico retrato do desexo, o (des)amor e o descubrimento da orientación sexual na que tamén están presentes as consecuencias que se asumen ante esta situación. Na sesión anterior, abordamos Mi vida sin rosa de Lizth Bianc, xunto co Daquelas que len no Día do Libro. Resultou unha sesión moi interesante na que os conflitos de xénero, a sociedade patriarcal, os estereotipos e a carga sobre o corpo feminino estiveron presentes no debate que mantivemos. Unha obra necesaria para poñer de manifesto cunha estética “manga” un tema duro e tristemente actual. A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, tes a opción de participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Agardámoste! [...]
03/05/2024Na noite do sábado 25 ao domingo 26 de maio de 2024 Espazo Lectura vai organizar, na Biblioteca municipal, a XIV edición da Noite na Biblioteca, que este ano vai xirar arredor das Viaxes e na que van colaborar como monitores e monitoras os membros do Comando Le de Espazo Lectura. Poderán inscribirse nenos e nenas que estean cursando este ano Educación Primaria e que participasen ao longo do curso nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura (Contomar ou club de lectura compartida Lendo Contigo), ou sexan fillos e fillas de socios de Espazo Lectura. Para inscribirvos podedes enviar un correo a espazolectura@gmail.com. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. O prazo para incribirse remata o venres 10 de maio. Logo de enviar a vosa solicitude, debedes agardarunha confirmación da praza. Os nenos e nenas que participen chegarán á Biblioteca municipal o sábado 25 ás 21.30h, logo de cear, e estarán listos para que os recollades o domingo 26 ás 10.00h. Deben traer saco de durmir, lanterna (frontal ou normal), un pixama, unha muda e as súas cousas de aseo. Como veñen á Biblioteca despois de cear, non teñen que traer comida, aínda que se agradece que, se podedes, traiades algún biscoito para o almorzo. E por último, teñen que traer moitas ganas de divertirse e pasalo ben. Deixámosvos coas fotos da Noite na Biblioteca do ano pasado, organizada tamén coa colaboración dos mozos e mozas do Comando Le: Vémonos na Noite na Biblioteca! [...]
01/05/2024O próximo xoves 9 de maio o Sete Vidas reunirase de novo para falar de Ninguén queda de Brais Lamela, editado por Euseino? e Premio da Crítica 2023. Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole norteamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960. Brais Lamela Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos co autor por videoconferencia. [...]
26/04/2024Este vindeiro sábado 27 de abril, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural que Espazo Lectura organiza para rapaces e rapazas de máis de 12 anos. Nesta ocasión prepararemos as actividades da Noite na Biblioteca, actividade que Espazo Lectura vén organizando desde 2009 e na que os membros do Comando Le participan axudando na animación ás voluntarias e voluntarios da asociación. A Noite na Biblioteca terá lugar o 25 de maio e nela participarán os nenos e nenas que acuden asiduamente ás actividades de Espazo Lectura. Na sesión do mes de marzo contamos coa presenza de Rebeca Carrera, profesora do Conservatorio Profesional de Vigo, e con Leandro Deltell, profesor do Conservatorio de Ribadavia e percusionista en diferentes proxectos, que guiaron a creación musical coa fin de musicar versos propios e alleos empregando diversos elementos e recursos. Deixámosvos a continuación o enlace ás fotos da sesión anterior: Vémonos o sábado na Casa da Lectura! [...]
26/04/2024O sábado 27 de abril o Lendo Contigo celebra unha sesión dedicada ao teatro dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura. Nesta ocasión a obra escollida é Contra o reloxo, de Carlos Labraña (Editorial Galaxia), un divertidísimo texto cheo de misterio co que o tempo pasa voando! A sesión será o sábado, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar, e contaremos coa presenza do autor. Agardámosvos na biblioteca! No mes de marzo visitounos Ramón D. Veiga e gozamos moito da poesía. Deixámosvos aquí as imaxes deste encontro: [...]
20/04/2024O próximo venres 26 de abril ás 18 horas poderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión contaremos coa presenza de Chus Álvarez e o seu espectáculo “Ollo piollo: contos para contar e cantar”, unha sesión especial para celebrar a Semana do Libro e a Lectura. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 24 de abril a contosencueiros@gmail.com e facilitar: o nome do bebé o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2021 ou despois o nome da persoa adulta que o vai acompañar un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
20/04/2024Mi vida sin rosa de Lizth Bianc (Fandogamia) é o cómic escollido para a vindeira sesión compartida entre o Daquelas que len, club de lecturas feministas e o Lecturas debuxadas, club de cómic, de Espazo Lectura. Terá lugar o vindeiro martes, día 23 de abril, Día internacional do libro. É unha obra autobiográfica, introspectiva e honesta, na que unha muller sente que sería mellor ter outro rol, ser doutro xeito, levándoa a odiar todo o feminino que hai nela a causa da presión social e a violencia que sofre polo feito de ser muller. Os conflitos de xénero, a sociedade patriarcal, os estereotipos e a carga sobre o corpo feminino son algúns dos temas que aborda esta obra. Esta actividade enmárcase dentro da Semana do Libro e a Lectura que, Espazo Lectura organiza coa colaboración do Concello de Gondomar para celebrar o día do Libro. Podes consultar o resto da programación na nosa web. A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, tes a opción de participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Agardámoste! [...]
14/04/2024O próximo xoves 18 de abril o Sete Vidas inaugura a Semana do Libro e a Lectura cunha sesión arredor da obra gañadora do Premio Xerais 2023, Ninguén contará a verdade, de Pedro Feijoo. Pedro Feijoo Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias. Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do autor. [...]
15/03/2024O sábado 16 de marzo o Lendo Contigo celebra unha sesión dedicada á poesía co libro Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente, de Ramón D. Veiga (Embora Edicións). Nestes poemas atoparemos personaxes divertidos, curiosos, estrafalarios… anímaste a coñecelos? A sesión será o sábado, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor. Animádevos a participar e a gozar da poesía! Na sesión do mes de febreiro escoitamos moitas historias de lentellas e ata puidemos saborear algunha orella de Entroido! Podedes ver as imaxes aquí: [...]
14/03/2024Este próximo sábado 16 de marzo, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural que Espazo Lectura organiza para rapaces e rapazas de máis de 12 anos. Tendo en conta que o día 21 de marzo celébrase O día da Poesía, está preparada unha sesión coa idea de musicar versos propios e alleos empregando diversos elementos e recursos. Contaremos coa presenza de Rebeca Carrera, profesora do Conservatorio Profesional de Vigo, e con Leandro Deltell, profesor do Conservatorio de Ribadavia e percusionista en diferentes proxectos, que guiarán a creación musical a versos e poemas diversos. Deixámosvos a continuación as imaxes da sesión anterior: un encontro con Araceli Gonda e Jorge Coira que xirou arredor do mundo do cine e do guión. Vémonos o sábado na Casa da Lectura! [...]
11/03/2024 O martes, día 12 de marzo a obra que trataremos será O paso do Noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy, Queipo e Primitivo (Editorial Galaxia). Esta banda deseñada parte da obra de Xavier Queipo O paso do Noroeste (Premio García Barros de Novela, 1996) editada daquela por Sotelo blanco e, reeditada recentemente por Aira editorial para conmemorar o XXV aniversario da publicación. No século XVIII un buque francés ao mando do capitán Duchesnoy inicia unha épica travesía na procura do mítico paso de Noroeste, a ruta entre o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico. Un relato pleno de aventura, emocións, descubertas e coñecemento. Contaremos coa presenza dos autores, Xavier Queipo estará de maneira presencial na Biblioteca Municipal e Primitivo Marcos faráo mediante videoconferencia. A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Agardámoste! [...]
10/03/2024O próximo venres 15 de marzo ás 18 horas poderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión faremos un repaso dos primeiros pasos dos bebés “Pasiño a pasiño”. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 13 de marzo a contosencueiros@gmail.com e facilitar: o nome do bebé o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2021 ou despois o nome da persoa adulta que o vai acompañar un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
29/02/2024O próximo martes 12 de marzo o Lecturas Debuxadas e o Sete Vidas reuniranse en sesión conxunta para falar da novela O paso do Noroeste, de Xavier Queipo (Sotelo Blanco, Aira Editorial), e da súa adaptación a banda deseñada, do debuxante Primitivo Marcos, editada por Galaxia. No século XVIII un buque francés ao mando do capitán Duchesnoy inicia unha épica travesía na procura do mítico paso do Noroeste, a ruta entre o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico. Un relato pleno de aventura, emocións, descubertas e coñecemento. Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza dos autores. [...]
20/02/2024O vindeiro sábado 24 de febreiro o Comando Le, grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para rapaces e rapazas de máis de 12 anos, celebrará unha nova sesión arredor do cine e o guión cinematográfico. Asistirá a guionista gondomareña Araceli Gonda e Jorge Coira tamén guionista e director de cine. Traballaron xuntos en series como Padre Casares, Hierro ou El comisario e a súa última longametraxe é Me he hecho viral. Jorge Coira é o gañador dun Goya á mellor montaxe. Deixámosvos abaixo as fotos da sesión do 27 de xaneiro na que vinte e dúas comandoleir@s asistiron á representación teatral da obra As Alumnas, de Paula Carballeira no auditorio do Concello e, a continuación, subimos á Casa da Lectura, ceamos, e, posto que a noite comezara con dúas alumnas falando da escola que viviran, sentamos nun grande círculo para facermos unha análise da escola do presente. Vémonos o sábado na Casa da Lectura! [...]
20/02/2024O sábado 24 de febreiro celebramos unha nova sesión do Lendo Contigo. A lectura escollida neste mes de Entroido é A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo, Premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2023. Manuel bota en falta as orellas que lle facía a avoa e decide preparar unhas poucas, empregando a súa botella chea de lentellas para estiralas. Pero… a botella acaba no chan, e entre elas descobre unha chea de sorprendentes historias protagonizadas por este legume. Agardámosvos o 24 de febreiro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora. Animádevos a participar! Na sesión de xaneiro disfrutamos moito do cine con Iria Misa e Unha veciña de película. Podedes ver as imaxes da sesión aquí: [...]
19/02/2024O próximo venres 23 de febreiro ás 18 horas poderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. “Contos musicados para ouvidos afiados” será unha sesión especial chea de colaboracións e música ao vivo. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 21 de febreiro a contosencueiros@gmail.com e facilitar: o nome do bebé o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2021 ou despois o nome da persoa adulta que o vai acompañar un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
17/02/2024“El duelo” de Paula Cheshire (Fandogamia) é o cómic escollido para a vindeira sesión do Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura. Terá lugar o vindeiro martes, día 20 de febreiro. Paula Cheshire, pontevedresa nacida nos anos 90, narra o proceso de dó tras a perda da súa nai, atravesando as diferentes etapas coa fin de aprender a vivir coa dor e coa necesidade de poder transformalo. Os protagonistas son os sentimentos que xorden cando unha persoa que estivera sempre xa non está. A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, tes a opción de participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Na sesión anterior abordamos a lectura de Bajo los guijarros, la playa Planeta Cómic, de Pascal Rabaté, autor que revisitou o noso club de lectura. Resultou ser unha sesión moi interesante na que debatimos sobre a historia e a crdibilidade dos personaxes e a trama. Un pracer, coma sempre. Agardámoste! [...]
03/02/2024O sábado 10 de febreiro o Daquelas que Len reunirase para falar arredor da obra O azul entre o ceo e a auga da periodista, activista e fundadora da ONG Playgrounds for Palestine, Susan Abulhawa (Edicións Laiovento) e traducida ao galego por Rocío Viéitez Ferro. Susan Abulhawa (autora) A obra forma parte da colección Candemaia, libros con historias de mulleres para tentar dar luz a unhas vidas que un día se tinquiron de negro. O azul entre o ceo e a auga conta a historia de diversas xeracións de mulleres dunha mesma familia, os Baraka, conectadas a través do tempo e do espazo, e nos achega á dura realidade das condicións de vida na franxa de Ghaza, no marco do conflito palestino-irsraelí. É unha novela de exilio e desarraigo, de resiliencia, afouteza e esperanza, de procura da propia identidade, onde o mundo máxico e o real se mesturan, e no que presente e pasado permanecen unidos para sempre. Será ás 12:00 h na Casa da Lectura (Nogueira 8. Donas, 36388, Gondomar)e contaremos coa presenza da tradutora, Rocío Viéitez. Rocío Viéitez (tradutora) [...]
28/01/2024Este xoves 1 de febreiro o Sete Vidas reúnese de novo para falar da novela Sempre vivimos no castelo, da autora estadounidense Shirley Jackson, editada por Rinoceronte e traducida por Moisés Barcia. Shirley Jackson Na casa dos Blackwood, onde viven Merricat, a súa irmá Constance e o tío Julian, tratan de manter o seu modo de vida. Pero dende que Constance foi exculpada de asasinar o resto da familia, a xente non os deixa en paz. Cando chega o curmán Charles para facerse un oco entre eles, Merricat fará todo o posible por protexer o seu mundo. Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do tradutor. [...]