José Domingo cerra a tempada do Lecturas Debuxadas con “Aventuras de un oficinista japonés”

O martes día 17 de xuño, ás 20:00h na Biblioteca de Gondomar, celébrase a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos Aventuras de un oficinista japonés, de José Domingo, quen estará con nós a partir das nove para comentar con el a súa obra.
Esta será a última sesión desta tempada, ata a volta no mes de outubro, polo que aproveitaremos, como todos os anos, para facernos recomendacións de lecturas para o verán.
Na sesión do mes de maio comentamos A causa do crime, un orixinal aínda inédito do autor e ilustrador Alfredo López “Tokio”. Estas son dúas imaxes dese día.
IMG_4661
IMG_4655