Representantes da editorial Kalandraka, socia protectora de Espazo Lectura, recolleron onte en Madrid o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012, da man dos Príncipes de Asturias. Tal e como informan diversos medios como El Correo Gallego, a Kalandraka foi a única editora galega distinguida entre os 60 galardoados neste acto institucional, ao que tamén asistiron o Ministro de Educación, Cultura e Deporte e o secretario de Estado de Cultura.
Para o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, este galardón supón «o recoñecemento a unha traxectoria de 15 años ao servizo dos lectores máis novos», no marco dun proxecto que calificou de «non didáctico, pero sí educativo». «É unha satisfacción volver a Galicia cun premio que pon en valor o sector editorial galego», sinalou Ballesteros logo de recoller o diploma.