O próximo xoves 6 de xuño o Sete Vidas pecha a tempada con Kyra Kyralina, do autor romanés Panait Istrati, traducida por Celia Recarey (Irmás Cartoné).
Kyra Kyralina é a primeira obra de Istrati. Nela, como unha Sherezade balcánica, o narrador vai debullando a historia de Stavro, un salepgiu romanés que vaga polo mundo á procura de Kyra, a súa irmá perdida.
Reunirémonos ás 20:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas).