“La gran negación” no Lecturas Debuxadas de outubro

O club de cómic de Espazo Lectura bota a andar unha nova tempada co libro La gran negacion do autor Roberto Grossi de la otra h. Esta gran negacion á que fai referencia o título non é outra que o cambio climático que pon en dúbida a propia supervivencia da humanidade. Ciencia, historia, política, etc. dan unha vision poliédrica deste desastre ambiental que nos sitúa ao borde do colapso. Capitalismo, ciencia, “outras opinións”…todo ao mesmo nivel e coa mesma credibilidade?

A sesión terá lugar o martes 21 de outubro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Agardámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *