Lectura e xogos no Comando Le

Este próximo sábado 14 de decembro, a partir das 20:00h, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. Na primeira parte da sesión, prepararemos a colaboración dos comandoleiros e comandoleiras nas actividades infantís de Espazo Lectura, tanto nas sesións de dinamización dos mércores na Casa da Lectura como na Noite na Biblioteca. Na segunda parte, logo da cea compartida, falaremos da importancia da lectura no desenvolvemento de procesos mentais como a comprensión e o razoamento e levaremos a cabo distintos xogos de lóxica, así como un xogo de pistas pola Casa da Lectura. 
 
Deixamos a continuación as imaxes da sesión de novembro, na que contamos coa presenza de Raquel Queizás e o seu espectáculo “Cinema de historias da man de Alice Guy”:
 

Comando Le 30.11.19