A segunda sesión do Club Lecturas Debuxadas estivo dedicada ao cómic Los combates cotidianos, de Manu Larcenet (algo máis de información na wikipedia).
Acudiron 25 persoas que compartiron impresións sobre a obra. O cómic gustou en xeral a todo o mundo, pero houbo discrepancias na valoración de certos elementos, o debuxo, o personaxe principal, a visión masculina/feminina… No debate mesturouse constantemente a valoración da historia coa da forma do debuxo dando conta da importancia de todos os recursos gráficos na historia que se conta.
Velaquí dúas fotos do encontro:
Falamos tamén de que as sesións se programarán de maneira trimestral, polo que os dous próximos cómics que imos ler serán Maus, de Art Spiegelman, e Río Abajo, de Pascal Rabaté (nesta última sesión tamén leremos Arrugas, de Paco Roca).