Lejos, no peche de tempada do Lecturas Debuxadas

O martes, 17 de xuño, teremos unha nova sesión do Club Lecturas Debuxadas onde a obra proposta é Lejos, da viguesa Alicia Jaraba (Nuevo nueve). Amanda e Ulises son a parella protagonista desta obra. Levan xuntos desde o instituto e que, están nun momento de encrucillada tanto a nivel persoal como profesional. Para buscar solucións emprenden unha viaxe na súa furgoneta camperizada. O cómic fala do día a día, dos medos, das inseguridades, das relacións,…

Nesta ocasión e como vén sendo habitual no peche de tempada, a sesión terá lugar na Casa da Lectura de Donas ás 20:00h e contaremos coa presenza da autora.

Agardámoste!

O martes 20 de maio a obra que nos convocou foi Todas las mañanas de Javier Isusi. É unha obra chea de verdade, sensibilidade, respecto e realismo que deu para compartir e reflexionar sobre todas estas realidades escondidas e comprometidas coas que coexistimos

Aquí tedes as fotos da sesión:

5Lect deb_todas las mañanas_mai25

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *