Con motivo da recente publicación en galego de dúas obras do escritor nixeriano Chinua Achebe (Un home do pobo, da editorial Hugin e Munin, e Todo se esfarela, de Rinoceronte), no club de lectura Sete Vidas decidimos idear unha sesión diferente para o mes de novembro. Nesta ocasión recomendamos a lectura de calquera destes dous títulos e convidamos as tradutoras Begoña R. Outeiro e Saleta Fernández a que nos acompañen. Sen dúbida será unha interesante charla sobre a literatura africana, sobre a obra dun dos clásicos da literatura nixeriana e sobre o proceso de tradución.
A cita será o martes 5 de novembro ás 20:00 h na Biblioteca de Gondomar.
Deseguido pódense ver as imaxes da sesión coa que arrancamos a tempada: o vermú literario con polbo á feira que compartimos con Dolores Redondo para falar de O gardián invisible.