Loira de Étienne Davodeau no primeiro Lecturas Debuxadas da tempada.

O club de cómic de Espazo Lectura dedicará a sesión de outubro ao libro Loira do autor francés Étienne Davodeau de La Cúpula.

Louis recibiu unha invitación de Agathe. Hai décadas que ela o deixou por outro, pero se ella que non chegou a esquecelo. Aínda non sabe que, naquela casa xunto ao Loira, non vai ser Agathe quen o reciba. O río non é un simple escenario no que se desnvolve unha historia de retorno ao pasado, senón que é un protagonista, un fío que vertebra a reflexión e as vidas dos personaxes que alí se atopan.

A sesión terá lugar o martes 15 de outubro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. Agardámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *