Este próximo luns ao Contomar de Espazo Lectura chegarán, entre outras, as historias de Chocolata, Rita ou Non quero ser un polbo, que nos permitirán achegarnos a sentimentos tan importantes como a amizade, os afectos ou a autoestima. A cita será ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenos e nenas de máis de 3 anos e as súas familias.
Deixámosvos agora algunhas imaxes da primeira sesión desta tempada, celebrada a semana pasada.