Manuel Rivas inaugura a tempada do Sete Vidas

O vindeiro xoves 10 de outubro o Sete Vidas inaugura a nova tempada coas obras Un millón de vacas Tras do ceo, de Manuel Rivas (Xerais).

Os relatos de Un millón de vacas, (editado por primeira vez en 1989, e reeditado en 2023) acompañarán na sesión á última obra de Rivas, Tras do ceo, unha novela negra na que unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo.

Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do autor.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *