Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras 2024

Manuel Rivas foi galardoado co Premio Nacional das Letras 2024.

Segundo trasladou o Ministerio de Cultura, o xurado destacou ao autor pola “extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal e pola solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega”.

Desde Espazo Lectura queremos trasladar a nosa inmensa alegría e os nosos parabéns por este recoñecemento. Manuel Rivas estivo con nós a comezos do mes de outubro no club de narrativa Sete Vidas, no que puidemos conversar sobre a súa obra e coñecer o seu último título publicado.

Moitísimos parabéns!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *