Matadoiro cinco, lectura compartida do Sete Vidas e Lecturas Debuxadas

O próximo martes 18 de febreiro o Lecturas Debuxadas e o Sete Vidas únense nunha sesión conxunta para falar de Matadoiro cinco de Kurt Vonnegut, editado por Rinoceronte e con tradución de Estela Villar, e da súa adaptación a banda deseñada, por Albert Monteys e Ryan North (Astiberri).

Ficción histórica, autobiografía, ciencia ficción e sátira mestúranse neste relato das experiencias de Billy Pilgrim durante a Segunda Guerra Mundial, concretamente na destrución de Dresden.

Será ás 20:00 na Biblioteca municipal de Gondomar.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *