Chega o tempo da luz, tempo do casamento dos paxariños.
Xa que logo, imos tentar facer na Casa da Lectura este mércores unha sesión que percorra todas esas sensacións. Imos axudar a desensarillar un monstro algo enleado coas emocións.
E logo desta emocionante ruta seremos quen de darlle cor a un bico?
Remataremos a sesión facendo unha expresión plástica desta emoción.
Esta viaxe farémola con O monstro de cores (Editorial Flamboyant) e con De que cor é un bico (Algar Editorial).
A Casa abrirá ás 17:30h para facer o préstamo de libros e a sesión comezará ás 18:00h.