Na sesión de abril do Lendo Contigo leremos un texto teatral da compañía Sarabela Teatro, A Cincenta que non quería comer perdices. Ademais, asistiremos á representación da obra que leva o mesmo nome e que parte dun conto de Nunila López no que revisa con humor o papel da muller durante moito tempo e que defende a liberdade.
Será o sábado 26 de abril, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
O mesmo día ás 19:00h acudiremos ao Auditorio Lois Tobío de Gondomar para asistir á representación desta obra de Sarabela Teatro. Para esta actividade contamos coa colaboración do Concello de Gondomar.
Agardámosvos!
No mes de marzo a lectura proposta foi Os ecos do vento (Kalandraka). Contamos coa presenza do seu autor, Antonio García Teijeiro, co que gozamos da poesía e do poder da palabra. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón: