O próximo luns 23 de marzo, ás 18:00 horas, celebrarase unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar dirixida a nenas e nenos de 3 a 9 anos. Nesta ocasión, o Contomar recibirá a visita dun grupo de mestres/as do CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), centro educativo socioprotector de Espazo Lectura.
Na sesión anterior contamos:
– Algo pasa na casa do lobo (OQO).
– O galo que puxo un ovo (OQO).
– Chófer de sandías (Kalandraka).
– A pota que trota (OQO).
– Chuvisca (Kalandraka).
Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:





