No club de banda deseñada Espazo Lectura temos para a nosa próxima sesión de marzo o cómic Meteoros (historias de gente que pasa) de Jean-Christophe Deveney e Tommy Redolfi, publicada por Salamandra Graphic.
Namentres os medios alertan da chegada dun meteoro de gran tamaño en rumbo de colisión coa Terra, unha serie de personaxes viven os seus conflitos, dramas e alegrías rutinarias e cruzan as súas vidas nunha vila estadounidense nevada, silenciosa e melancólica. Unha historia coral e sutil, na que o posible fin funciona como contraste á pausa coa que se amosan anacos da vida dos seus protagonistas.
Meteoros é un dos mellores cómics do ano 2025, premio especial do xurado no pasado festival de Angoulême.
Na sesión de febreiro reunímonos para ler “Eu Mato Xigantes”, unha banda deseñada con moita influencia do manga do guionista estadounidense Joe Kelly e o debuxante hispano-xaponés Ken Niimura, publicada en 2008 en formato webcómic e traducida ó galego en 2025 pola editorial Rinoceronte. Falamos moito da obra, do ben elaboradas que están as personaxes, especialmente a protagonista Bárbara, como xoga moi ben co que é real ou non, e como se contan cousas moi complexas de xeito moi sutil. Tratamos moitas máis cousas, como os medos, a adolescencia, salientamos a calidade de tradución ó galego, e o áxil da narración gráfica, e tivemos un debate longo sobre o tebeo, que gustou moito a todas as persoas presentes.
A sesión terá lugar o martes 17 de marzo ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Se non podes acudir lembra que tamén podes conectarte e participar por videoconferencia, escribe a lecturasdebuxadas@gmail.com e enviarémoste o enlace á sesión.
Agardámoste, vémonos o martes!




