Misterios de cores na Casa da Lectura

Algo insólito está a acontecer estes días na biblioteca da Casa da Lectura, pois no seu interior están a aparecer unha serie de obxectos de cores que non sabemos de onde saíron.

O próximo venres 13 de marzo ás 18 horas convocamos aos bebés de 0 a 3 anos da contorna para resolver tremendo misterio!

O contacontos celebrarase, coma sempre, na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura.

A entrada é de balde e precisa inscrición previa, para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade.

Criterios de inscrición:

  1. Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta.
  2. Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.
  3. Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 11 de marzo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:
  • O nome do bebé.
  • O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois.
  • O nome da persoa adulta que o vai acompañar.
  • Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.

Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *