Misterios e adiviñas na Casa da Lectura

Este mércores na Casa da Lectura viaxaremos polos soños e as historias que se agochan nos libros da man de Ana, a protagonista da obra “Un tren cargado de misterios“, de Agustín Fernández Paz. Coa imaxinación percorreremos os sete vagóns dun tren e xogaremos ás adiviñas para conseguir sete caixas que gardan un tesouro.


A biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.


Na sesión anterior xogamos cos puntos de cores con Cris, que nos contou “Um livro”, “Pequeno azul e pequeno amarelo” (Kalandraka), e “O ponto”. Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:

Casa da Lectura_28XAN26_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *