O vindeiro xoves 24 de abril, dentro da Semana do Libro e a Lectura, o Sete Vidas celebra unha nova sesión arredor da novela Monsieur Maurice (Hugin e Munin) da autora británica Amelia B. Edwards, traducida por Alejandro Tobar.
Publicada orixinalmente en 1873, Monsieur Maurice está ambientada na Prusia posnapoleónica. A acción desenvólvese nun palacio rexio en Brühl, a onde por orde ministerial trasladan un prisioneiro para que fique baixo a custodia do coronel Bernhard. Gretchen, a filla do mandatario, establece case de inmediato unha intensa relación afectiva co reo, cuxa identidade é un enigma.
Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do tradutor e editor Alejandro Tobar.
