Monstros na Casa da Lectura

O Samaín está a chegar e na Casa da Lectura algo vai pasar. Na tarde do mércores 29 de outubro, ás 18:00 h, tede conta, porque algún que outro monstro ha de aparecer.

Como cada mércores, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros. 

Na sesión anterior aprendemos un montón de cus grazas a Cris e a O libro dos cus (Nubeocho), descubrimos cus de cores, con forma de pemento e multicolores.

Podedes ver as imaxes da sesión aquí:

IMG_20251022_181838148_HDR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *