Música e contos na Casa da Lectura

Este mércores 9 de abril ás 18:00h a Casa da Lectura encherase de música e contos. Visítannos os alumnos e profesores do Conservatorio Municipal de Gondomar para demostrarnos que música e literatura van da man, nunha divertida sesión sobre “cousas de nen@s”. 

Na sesión pasada recibimos a Fátima e Pablo da editorial Pepa Loba, editorial socio protectora de EL, que nos trouxeron a súa nova publicación: “Os nenos Porcalláns”. Con eles viñeron Nacho Rubio, o autor, Marc Taeger, o ilustrador e José Luis Morais, o traductor.

Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón:

IMG_8572 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *