Música e contos no Contomar

Como quedamos coas ganas de cantar e bailar, no Contomar este luns 5 de maio desfrutaremos dunha sesión especial de música e contos.

Será na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 18 horas, e desta volta nin o apagón universal poderá co Contomar! Cantaremos, bailaremos e contaremos entretidos contos que nos alegrarán a todos. Animádevos a participar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *