Na sesion de dinamización do próximo mércores 6 de novembro encheremos a Casa da Lectura de música e poesía. A través dos poemas de Recendos de aire sonoro e Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, mergullarémonos nos sons dos instrumentos musicais e na súa relación coa poesía. Ademais, mesmo seremos quen de fabricar o noso propio instrumento cuns recursos moi básicos, tal e como aprenderemos en Tastarabás, unha enciclopedia de brinquedos tradicionais elaborada por Antón Cortizas.
A cita é o mércores ás 18:00 horas na Casa da Lectura.
Estas imaxes foron tomadas na sesión do mércores pasado, dedicada aos gatos.