Este próximo sábado 16 de marzo, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural que Espazo Lectura organiza para rapaces e rapazas de máis de 12 anos.
Tendo en conta que o día 21 de marzo celébrase O día da Poesía, está preparada unha sesión coa idea de musicar versos propios e alleos empregando diversos elementos e recursos.
Contaremos coa presenza de Rebeca Carrera, profesora do Conservatorio Profesional de Vigo, e con Leandro Deltell, profesor do Conservatorio de Ribadavia e percusionista en diferentes proxectos, que guiarán a creación musical a versos e poemas diversos.
Deixámosvos a continuación as imaxes da sesión anterior: un encontro con Araceli Gonda e Jorge Coira que xirou arredor do mundo do cine e do guión.
Vémonos o sábado na Casa da Lectura!