Para este mércores 18 de outubro, na Casa da Lectura temos preparada unha sesión onde as cousas non sempre son o que parecen. Leremos contos que nos sorprenderán por moitos motivos: A Princesa do Courel, Gato Guille e os monstros, Monstruosa sorpresa…, e haberá un obradoiro final para toda a familia. A sesión comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
O mércores pasado abrimos a tempada de voluntarios cunha sesión artística da man de Víctor que, cos contos Viaxar en pixama e O artista que pintou un cabalo azul, nos ofreceu unha visión do mundo distinta da habitual. Houbo unha asistencia de 31 nenos e nenas coas súas familias, así que aproveitando a boa tarde que estaba, fixemos a sesión no exterior. Logo dos contos, Victor porpúxonos ser artisticamente libres. Despois de debuxar cadaquén a súa casa, experimentamos coa estampación sobre ela, aplicando cores con distintos materiais: esponxa, tea, papel enrrugado, as propias mans… Foi unha festa!