O mércores emprenderemos unha viaxe con Max, o protagonista de “Onde viven os monstros“, ata un lugar fantástico. Coñeceremos a moitos monstros e crearemos moitos máis nun divertido obradoiro.
Como todos os mércores, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.
Na última sesión, antes do Entroido, recibimos a visita de Marta, Guille e Bea. Con eles xogamos a apagar conflitos con palabras e aprendimos a escoitar e a ver con atención as historias que proxectaban. Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:





