Na Casa da Lectura “Todas as persoas somos diferentes, todas somos iguais”

A sesión de dinamización lectora desta semana na Casa da Lectura leva por título “Tod@s somos diferentes, tod@s somos iguais”. Nesta sesión, a partir de contos como Nariz de ouro ou Orellas de bolboreta, comprobaremos que cadaquén é diferente, cos seus gustos e preferencias e con cadansúa característica física. Pero ao final non importa como sexamos porque todos somos iguais e aquilo que máis nos diferencia pode facernos máis especiais.

A sesión comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo.

Na sesión da semana pasada, o equipo de voluntarias e voluntarias representaron a divertida revisión dos contos clásicos, escrita por Davide Cali, “Brancaneves e os 77 ananiños” e “Cincenta e as zapatillas peludas”. Antes de escoitar os contos, os nenos e nenas convertéronse nos 77 ananiños do conto e calzaron unha zapatilla peluda. Despois riron a cachón e souberon que as princesas xa están cansas de esperar polo seu príncipe. Estas son as fotos dese día:

Casa da Lectura, 2017/11/8