Este mércores, 29 de abril, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión de dinamización lectora na que o protagonista será o mar.
Estades preparados para navegar entre contos e poemas?
Como todos os mércores, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.
A semana pasada visitounos Tone Martínez co seu espectáculo Entre bechos anda o conto.




