O próximo xoves 9 de maio o Sete Vidas reunirase de novo para falar de Ninguén queda de Brais Lamela, editado por Euseino? e Premio da Crítica 2023.
Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole norteamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.
Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos co autor por videoconferencia.