Neste mes de marzo o club de lectura compartida Lendo Contigo reúnese para falar sobre a obra de teatro Os dedos e o monstro, de Francisco Antonio Vidal, publicada por Edicións Embora.
Esta divertida historia pon en valor a diversidade e a diferenza entre os iguais, e destaca polo dinamismo dos seus diálogos.
A sesión será o sábado 14 de marzo, ás 12:00h, na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor, Francisco Vidal Blanco.
Agardámosvos!
Na sesión de febreiro visitounos Fina Casalderrey e falamos do libro Dúas bágoas por Máquina (Xerais). Mantivemos unha conversa moi bonita e interesante sobre a orixe das historias que dan lugar aos libros e falamos da importancia e do poder da palabra.




