Este luns 30 de xaneiro, a Biblioteca de Gondomar acolle unha nova sesión do Contomar, o contacontos de Espazo Lectura para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. A actividade comeza, coma todos os luns, ás 18:00 horas e está aberta a todas as familias que queiran participar.
A semana pasada recibimos 22 nenos e nenas, acompañados das súas familias, e contamos, como contadores, con Bea e Xoán, así como con Martina, Bea e Nieves, que nos leron as historias de “Axente Riciños”, “As manoplas de Carrapuchiña” e “Tanneke”. Unha sesión estupenda que iamos finalizar cunha canción, pero que por fata de tempo tivemos que deixala para o este luns, polo que esta semana no Contomar teremos contos e cantos.
Aquí pódense ver as fotos da semana pasada: https://goo.gl/photos/99Y8k3Z1MRFhAsgFA