Nova sesión do Contomar

Este luns 22 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, hai unha nova cita do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Na sesión do luns pasado, os nenos e nenas acompañados das súas familias puideron escoitar os contos que nos trouxeron Luis, que contou “A pota que trota”, e mais Xiana e Marta, que nos contaron “Adiviña canto te quero”e nos fixeron bailar e cantar coa canción “Fun ao mercado “ de María Fumaça. Aquí pódense ver algunhas imaxes dese día: https://goo.gl/photos/ZHamEgQ1SMnxNrJe6