O próximo luns 14 de febreiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.
Na sesión anterior contamos:
Crocodilo (Kalandraka)
A cousa que máis doe no mundo (OQO editora)
A vaca que puxo un ovo (Patas de peixe)
Coelliño branco (Kalandraka)