O próximo luns 21 de febreiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.
Na sesión anterior contamos:
Caracol e vermiño, Non fai falta a voz e Mariluz avestruz (OQO editora)
O oso e o piano (Hércules ediciones)