O 23 de abril, Día do Libro, dará comezo a IX Semana do Libro e a Lectura en Gondomar

Por noveno ano consecutivo, Espazo Lectura celebra a Semana do Libro e a Lectura para conmemorar a celebración do Día Internacional do Libro. Este ano, as actividades darán comezo o propio día 23 de abril coa novena edición do Dar de ler coma quen dá de beber, a actividade coa Espazo Lectura celebra anualmente o día do libro compartindo lecturas en espazos públicos. Nesta ocasión, o espazo elixido é o café Keik, situado no parque da Ánimas de Gondomar, e o horario será de 12:00 a 14:00 horas.

Con esta actividade comezará unha semana ateigada de citas lectoras que terá como unha das actividades centrais a representación da obra teatral Rosa Caramelo, da compañía Talía Teatro, que terá lugar o mércores 27 no Auditorio Lois Tobío de Gondomar e que está destinada ao alumnado dos centros socios protectores de Espazo Lectura.

Deseguido pódese ver a programación completa de actividades.

IX_dar_de_ler_2016_tarxetonb

4 comentarios

Os comentarios están cerrados.