O vindeiro xoves 7 de novembro o Sete Vidas reunirase para falar da novela O amigo da autora estadounidense Sigrid Nunez, editada por Rinoceronte e traducida por Moisés Barcia.
Cando unha escritora perde inesperadamente un amigo de toda a vida, decide facerse cargo do seu can. A súa propia batalla contra o loito intensifícase co sufrimento mudo do can, un gran danés arlequín, e coa ameaza do desafiuzamento, xa que está prohibido ter animais no seu pequeno apartamento.
Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar.