“O azul entre o ceo e a auga” no Daquelas que Len

sábado 10 de febreiro o Daquelas que Len reunirase para falar arredor da obra O azul entre o ceo e a auga da periodista, activista e fundadora da ONG Playgrounds for Palestine, Susan Abulhawa (Edicións Laiovento) e traducida ao galego por Rocío Viéitez Ferro.

Susan Abulhawa (autora)

A obra forma parte da colección Candemaia, libros con historias de mulleres para tentar dar luz a unhas vidas que un día se tinquiron de negro.

O azul entre o ceo e a auga conta a historia de diversas xeracións de mulleres dunha mesma familia, os Baraka, conectadas a través do tempo e do espazo, e nos achega á dura realidade das condicións de vida na franxa de Ghaza, no marco do conflito palestino-irsraelí. É unha novela de exilio e desarraigo, de resiliencia, afouteza e esperanza, de procura da propia identidade, onde o mundo máxico e o real se mesturan, e no que presente e pasado permanecen unidos para sempre.

Será ás 12:00 h na Casa da Lectura (Nogueira 8. Donas, 36388, Gondomar)e contaremos coa presenza da tradutora, Rocío Viéitez.

Rocío Viéitez (tradutora)

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *