A sesión do día 21 de novembro realizarase na Xamonería Catro Camiños a partir das 20:00 horas (Rúa Cruz de Mera, 1, Gondomar).
O cómic proposto para este mes é O Báculo de Daghdha, de Norberto Fernández, autor que nos acompañará durante a sesión.
Este cómic é un encargo do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e non é posible mercalo, aínda que hai algunhas librarías especializadas que si o teñen para agasallar (en Gondomar pode atoparse en Libraida). Ademais tamén se atopa dispoñible para a súa descarga. Tanto na súa versión en galego: https://www.eixoatlantico.com/ index.php/gl/estrategia-europe a-info/item/2814-o-baculo-de- daghdha, como en portugués: https://www.eixoatlantico.com/ index.php/gl/estrategia-europe a-info/item/2815-o-cajado-de- daghdha
O mes de outubro iniciamos as sesións da nova tempada do Lecturas Debuxadas comentando Lamia, de Rayco Pulido, na Casa da Lectura. A obra resultou ser premio Nacional De Cómic 2017 algo que nos fixo moita ilusión, despois de tela proposto e desfrutado para esta primeira cita. Lamia é unha BD sorprendente xa a primeira vista, polo seu aspecto gráfico, moi clásico e que recorda ás obras das primeiras décadas do s. XX, pero que pronto se revela como un parecido soamente superficial. Este é, desde logo, un dos puntos fortes da obra, pero tamén a historia vai gañando intensidade. Rayco retrata unha serie de personaxes de aspectos sociais escuros e tremendos, para debuxar un momento e un tempo escuro e gris, dominado pola hipocrisía. Unha obra ben interesante que nos deixa á espera do próximo libro do canario Rayco Pulido.