A primeira sesión da tempada do Comando Le terá lugar na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) o vindeiro sábado 18 de outubro, de 20:00h a 24:00h.
Agardamos vérmonos de novo e tamén acoller a aquelas persoas que queiran incorporarse ao grupo. Nesta primeira sesión aproveitaremos para ver as fotos da tempada pasada, para falar, xogar, coñecérmonos mellor e coñecer as propostas para esta tempada. Por suposto, faremos unha cea compartida co que traian as asistentes, como vén sendo costume.
O Comando Le é un grupo de activismo cultural dirixido a rapaces de rapazas de máis de 12 anos. Na súa programación inclúense sesións de club de lectura, encontros con escritores, obradoiros, charlas e debates, comentario de vídeos e películas, saídas e todas aquelas actividades que nos permitan achegarnos dun xeito crítico a diferentes temas desde linguaxes e expresións artísticas variadas.




