O COMANDO LE DE XANEIRO

Este vindeiro sábado 24 de xaneiro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a terceira das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives”

Este novo encontro será dirixido, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos). Nesta ocasión a sesión consistirá na elaboracion dun Vademécum con ferramentas, recursos e conceptos clave para traballar igualdade, respecto e diversidade co obxectivo de que os/as participantes teñan unha ferramenta propia de consulta e empoderamento.

Á sesión anterior do Comando Le acudiron 15 rapaces e rapazas. A dinámica dirixida por Sabela e Leti comezou refrescando os estereotipos de xénero da sesión de novembro. A seguir, centrouse nos conceptos chave do libro As Alumnas, mediante dúas dinámicas: un mapa da empatía para coñecer mellor as dúas personaxes principais da obra de teatro e un collage crítico para representar as mensaxes que transmite a obra. Foi un encontro moi imaxinativo e creativo. Pasámolo moi ben.

Vémonos na Casa da Lectura o sábado 24 de xaneiro!

Universidade de Vigo

ANILIJ Investigación – Instagram

ANILIJ Investigación – Facebook

Facultade Filoloxia e Tradución

Sabela Salgueiro – Instagram

Kidcode Academy

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *