Este próximo sábado 25 de novembro, é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e o Comando Le, o grupo de activismo cultural que Espazo Lectura organiza para rapaces e rapazas de máis de 12 anos, acudirá aos actos reivindicativos que terán lugar en Vigo. En primeiro lugar, a performance “Escombro” a cargo da artista visual Ana Gesto na rúa do Príncipe, diante do MARCO, para, a continuación, unirse á manifestación convocada por Feminismo Unitario de Vigo e que sairá ás 20:00h do cruzamento de Vía Norte co Urzaiz
Deixámosvos, máis abaixo, as imaxes da sesión coa que inauguramos a tempada, na que presentamos ao novo equipo coordinador e a actividade aos novos comandoleiros e comandoleiras. Tamén fixemos un xogo de presentación para sacar o noso lado máis divertido e romper o xeo. Para rematar, compartimos uns anaquiños de pizza, para ir adestrando nas ceas que esperamos poder gozar moi pronto na renovada Casa da Lectura.
Vémonos o sábado!