O Comando Le prepara actividades de animación á lectura

Este vindeiro sábado 26 de abril, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le xuntaranse de novo na Casa da Lectura. Nesta ocasión abordaremos a colaboración nas actividades infantís, preparando obradoiros e actividades que logo axudaremos a levar adiante en colaboración coas coordinadoras de Espazo Lectura. Coma sempre, cearemos xuntas e celebraremos o encontro.

Na sesión de marzo acompañounos Josiño da Teixeira para facermos unha sesión de regueifa. Aprendemos moitas cousas sobre a orixe, as variedades e a técnica. Pasámolo moi ben coa retranca e a creación.

Acudiron 14 comandoleirxs.

Vémonos na Casa da Lectura o sábado 26 de abril!

5 CLe_mar 2025

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *