Este próximo sábado 27 de abril a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le que terá como tema central o acoso escolar. Na primeira parte, os comandoleiros e comandoleiras debaterán sobre o libro “O que sei do silencio”, de Andrea Maceiras, obra que está proposta como lectura para esta sesión. Na segunda parte, logo da cea compartida, haberá actividades e xogos para traballar a colaboración e a empatía. A sesión comezará, como é habitual, ás 20:00h.
Deixamos a continuación as imaxes da sesión de marzo, que xirou arredor da poesía e contou coa presenza de Carlos Negro: