O Contomar celebra 20 anos de contos compartidos

Este luns 9 de febreiro, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Gondomar acollerá unha sesión moi especial do Contomar, coa que celebraremos os 20 anos do seu nacemento.

O Contomar é unha actividade de contacontos en lingua galega que se constitúe como a actividade fundacional de Espazo Lectura. Desde a súa creación, converteuse nun espazo de encontro estable entre as familias e os contos, un lugar onde a palabra narrada, a escoita compartida e o pracer pola lectura tecen comunidade arredor dos libros.

Ao longo destas dúas décadas, o Contomar foi medrando sesión a sesión, acollendo xeracións de nenas e nenos, familias e historias, sempre coa lingua galega como fío condutor e coa oralidade como ferramenta para achegar a literatura desde idades temperás.

Na sesión anterior contamos: 

– Maruxa (OQO).

O avó de Zulaimar (OQO). 

– Osa (Kalandraka).

A nena que abrazaba as árbores (Alvarellos editora). 

– O grúfalo (Patas de peixe).

Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: 

IMG_5832

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *