O Lecturas Debuxadas comeza o ano coa obra “Bajo los guijarros, la playa”

O martes, día 16 de xaneiro terá lugar a primeira sesión do ano 2024 do Lecturas debuxadas de Espazo Lectura. Nesta ocasión o cómic escollido é Bajo los guijarros, la playa Planeta Cómic, de Pascal Rabaté.

A historia transcorre en Loctudy en setembro de 1962. Albert, Francis e Edouard son fillos de familias adiñeiradas que van comezar os seus estudos universitarios nunhas semanas. Quedan no balneario mentres as súas familias poñen fin ao período estival. Eles pretenden aproveitar esta liberdade para baleirar algunhas botellas e vivir novas experiencias. Pero nestas familias burguesas e patriarcais, non andas con calquera, non deshonras a túa familia e non saes do camiño imposto.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, tes a opción de participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Na sesión anterior abordamos a lectura de O Navegante. Unha viaxe a bordo da sala Nasa Ultratextos Documenta Chévere, de Tristán Ron. Falamos dun fenómeno cultural relativamente próximo nun momento histórico concreto. Resultou tamén moi interesante a conversa con Tristán Ron (acompañounos por videoconferencia) que aportou a súa propia experiencia, vivida en primeira persoa, na Sala Nasa. Un pracer

Agardámoste!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *