O Lendo Contigo celebra a poesía! 

No mes de marzo a poesía chega á biblioteca, nesta ocasión co libro Os ecos do vento (Kalandraka), escrito por Antonio García Teijeiro e ilustrado por Noemi Villamuza. Nestes doce poemas poderemos coñecer, a través da palabra e do debuxo, a doce creadoras, poetas ou narradoras de ambos lado do Atlántico. Contaremos, ademais, coa presenza do autor. 

Agardámosvos o sábado 29 de marzo, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar

No mes de febreiro a lectura proposta foi Milú e o edificio das persoas extraordinarias (Xerais). Acompañounos o seu autor, Abel Tomé, que respondeu a todas as nosas preguntas e coñeceu a voz dos habitantes do marabilloso edificio Les Marginaux. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *