O Lendo Contigo comeza a tempada con poesía!

Co mes de outubro chegan as castañas, a chuvia, o frío, o Samaín e… o Lendo Contigo! Esta tempada comezamos xogando coas palabras, cos sons e incluso co baile porque o libro escollido para a ocasión é Tacón, punta, tacón, de Anxo Iglesias (Xerais). Ademais, contaremos coa presenza do autor.

Anxo Iglesias

A sesión será o sábado 25 de outubro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Animádevos a participar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *