O venres 7 de xuño o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a última sesión desta tempada. Nesta ocasión, o libro proposto é Burbullas de calma serena, de Andrea Maceiras, da editorial Cuarto de Inverno. Contaremos coa presenza da autora nunha sesión chea de emocións, aventuras e gatas domésticas.
Será na Casa da Lectura ás 19:00h da tarde e aproveitaremos para despedir a tempada cunha cea compartida.
Agardámosvos!
Na sesión do mes de abril a obra proposta foi Contra o reloxo, de Carlos Labraña (Galaxia). Contamos coa presenza do autor, que nos contou moitas cousas sobre a escrita teatral e asistiu á divertidísima representación dun grupo de usuarios do club de lectura. Deixámosvos aquí as imaxes desta sesión: